xoves, 22 de novembro de 2018

LUFA

LUFA

Esponxa vexetal

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Unha veciña de Nigrán amosounos o seu marabilloso traballo: a elaboración de esponxa vexetal a partir da Lufa.

Contounos como nace, cal foi o proceso para o seu crecemento ata agora. Aquí tendes unha pequena recopilación da nosa maravillosa experiencia.




venres, 16 de novembro de 2018

SAMAÍN E MAGOSTO


FOTOS DO SAMAÍN E MAGOSTO




SAMAÍN E MAGOSTO

SAMAÍN E MAGOSTO

Xa está aquí o Samaín e tamén o Magosto! Nestas datas estamos rodeados de natureza nas nosas festas. Tanto no Samaín cás cabazas coma no Magosto coas castañas observamos un chisco do que nos entrega a natureza.

  • Samaín nesta festa triunfan as cabazas, de tódalas formas e cores... Como cada ano, facemos un concurso no que cada familia pode elaborar algo para decorar o colexio. Atopamos algunha cabaza sorprendente. Para que o poidades apreciar deixámosvos unhas imaxes, pero podedes ver máis na sección de galería:
           Ademáis os nosos pequenos ficheron unhas dentaduras terroríficas coas mazas:
   

  • Magosto: unha festa con grande tradición na provincia de Ourense, ten coma protagonista a castaña. Coa colaboración da ANPA facemos unha festa para que todos os nenos desfruten deste fruto do outono. Ademáis irá acompañado dunhas actividades deportivas que o noso profesor de Educación Física planificou para que todo o colexio faga un pouco de deporte.

  

 


sábado, 27 de outubro de 2018

O NOSO VIVEIRO FORESTAL

Ola familias:

En relación co Proxecto Anual do cole, propoñemos unha nova tarefa relacionada coa creación do noso Viveiro Forestal en colaboración coa asociación Avelaíña, co Grupo Rexeneración Forestal Autóctona Val Miñor e a Comunidade de Montes de Camos.

Neste viveiro plantaremos diferentes árbores autóctonas como sobreira, carballo, abeleira, nogueira, madroño e arbustos como espiño albar, ruscus e acivro.

Polo que a vosa tarefa será a de recoller sementes dalgunha destas árbores ou arbustos e incluso follas para así asocialas coa súa semente. Antes de recollelas, deberedes investigar como teñen que estar estas sementes para a súa plantación, a idade da árbore e os métodos necesarios para conservar a semente ata que esta sexa plantada.

Non esquezades enviar estas sementes ao centro e, se vos animades, podedes sacar fotos ou vídeo da actividade e enviárnolos ao enderezo electrónico do centro: ceip.dacruz@edu.xunta.es

Moitas grazas 

venres, 26 de outubro de 2018

II XORNADA DE ARRINCAMENTO DE EUCALIPTO

Ante a boa resposta acadada o pasado Sábado 13 de Outubro, e co fin de volver contar coa axuda de todos, organizase a segunda xornada de arricamento de eucalipto.
Esta actividade está organizada pola Comunidade de montes veciñais en man común (Camos).

Animádevos!!

xoves, 25 de outubro de 2018

UN ANO DOS INCENDIOS

Despois do resultado dos lumes do ano pasado, a Comunidade de Veciños de Camos está organizando limpezas e eliminación de árbores non autóctonas: Os eucaliptos

mércores, 17 de outubro de 2018

CONTACTA CONNOSCO

A través desta dirección podes contactar connosco se queres realizar algunha actividade ou colaborar para axudarnos ou transmitir os teus coñecementos ó noso alumnado.

Moitas grazas!