venres, 16 de novembro de 2018

SAMAÍN E MAGOSTO

SAMAÍN E MAGOSTO

Xa está aquí o Samaín e tamén o Magosto! Nestas datas estamos rodeados de natureza nas nosas festas. Tanto no Samaín cás cabazas coma no Magosto coas castañas observamos un chisco do que nos entrega a natureza.

  • Samaín nesta festa triunfan as cabazas, de tódalas formas e cores... Como cada ano, facemos un concurso no que cada familia pode elaborar algo para decorar o colexio. Atopamos algunha cabaza sorprendente. Para que o poidades apreciar deixámosvos unhas imaxes, pero podedes ver máis na sección de galería:
           Ademáis os nosos pequenos ficheron unhas dentaduras terroríficas coas mazas:
   

  • Magosto: unha festa con grande tradición na provincia de Ourense, ten coma protagonista a castaña. Coa colaboración da ANPA facemos unha festa para que todos os nenos desfruten deste fruto do outono. Ademáis irá acompañado dunhas actividades deportivas que o noso profesor de Educación Física planificou para que todo o colexio faga un pouco de deporte.

  

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario