sábado, 27 de outubro de 2018

O NOSO VIVEIRO FORESTAL

Ola familias:

En relación co Proxecto Anual do cole, propoñemos unha nova tarefa relacionada coa creación do noso Viveiro Forestal en colaboración coa asociación Avelaíña, co Grupo Rexeneración Forestal Autóctona Val Miñor e a Comunidade de Montes de Camos.

Neste viveiro plantaremos diferentes árbores autóctonas como sobreira, carballo, abeleira, nogueira, madroño e arbustos como espiño albar, ruscus e acivro.

Polo que a vosa tarefa será a de recoller sementes dalgunha destas árbores ou arbustos e incluso follas para así asocialas coa súa semente. Antes de recollelas, deberedes investigar como teñen que estar estas sementes para a súa plantación, a idade da árbore e os métodos necesarios para conservar a semente ata que esta sexa plantada.

Non esquezades enviar estas sementes ao centro e, se vos animades, podedes sacar fotos ou vídeo da actividade e enviárnolos ao enderezo electrónico do centro: ceip.dacruz@edu.xunta.es

Moitas grazas 

Ningún comentario:

Publicar un comentario