sábado, 27 de outubro de 2018

O NOSO VIVEIRO FORESTAL

Ola familias:

En relación co Proxecto Anual do cole, propoñemos unha nova tarefa relacionada coa creación do noso Viveiro Forestal en colaboración coa asociación Avelaíña, co Grupo Rexeneración Forestal Autóctona Val Miñor e a Comunidade de Montes de Camos.

Neste viveiro plantaremos diferentes árbores autóctonas como sobreira, carballo, abeleira, nogueira, madroño e arbustos como espiño albar, ruscus e acivro.

Polo que a vosa tarefa será a de recoller sementes dalgunha destas árbores ou arbustos e incluso follas para así asocialas coa súa semente. Antes de recollelas, deberedes investigar como teñen que estar estas sementes para a súa plantación, a idade da árbore e os métodos necesarios para conservar a semente ata que esta sexa plantada.

Non esquezades enviar estas sementes ao centro e, se vos animades, podedes sacar fotos ou vídeo da actividade e enviárnolos ao enderezo electrónico do centro: ceip.dacruz@edu.xunta.es

Moitas grazas 

venres, 26 de outubro de 2018

II XORNADA DE ARRINCAMENTO DE EUCALIPTO

Ante a boa resposta acadada o pasado Sábado 13 de Outubro, e co fin de volver contar coa axuda de todos, organizase a segunda xornada de arricamento de eucalipto.
Esta actividade está organizada pola Comunidade de montes veciñais en man común (Camos).

Animádevos!!

xoves, 25 de outubro de 2018

UN ANO DOS INCENDIOS

Despois do resultado dos lumes do ano pasado, a Comunidade de Veciños de Camos está organizando limpezas e eliminación de árbores non autóctonas: Os eucaliptos

mércores, 17 de outubro de 2018

CONTACTA CONNOSCO

A través desta dirección podes contactar connosco se queres realizar algunha actividade ou colaborar para axudarnos ou transmitir os teus coñecementos ó noso alumnado.

Moitas grazas!

XA CHEGOU O OUTONO


Xa chegou o Outono e todalas cores otoñais que podemos ver o noso arredor: follas, ourizos, cogumelos,...
No noso pequeno xardín podemos atopar os ourizos das castañas que dentro de pouco comeremos no Magosto

SAÍDA A PANXÓN E MONTEFERRO


Saída a Panxón e Monteferro












SAÍDA A PANXÓN E MONTEFERRO



O pasado martes 2 de outubro, continuando coa serie de saídas didácticas polo Val Miñor visitamos Panxón e Monteferro.O alumnado de terceiro a sexto desprazouse,acompañado do seu profesorado, ata o porto de Panxón onde se incorporaron ao grupo as nais e pais que nos acompañaron. Comezamos a "xeira"no areal de Panxón onde contextualizamos a actividade enlazando cos contidos das saídas do curso pasado. Falamos de paisaxe, de toponimia e da historia recente de Panxón como vila mariñeira. Achegámonos despois, seguindo a rúa Arco visigótico, ao conxunto monumental formado polo templo votivo e os restos da antiga parroquia de Panxón, de época xermánica. Logo dunha pequena charla informativa continuamos o paseo ata a praia da Madorra, onde nos detivemos un momento para falar do Panxón castrexo e do Panxón romano.Adentrámonnos en Monteferro falando do curioso aliñamento rochoso, que baixo os nosos pés, adéntrase en Monteferro hacia o norte e continúa hacia o sur atravesando o Castro, Monte Lourido e, seguindo pola Ladeira adéntrase na Serra da Groba....Falamos tamén do "Rubio" o malpocado mariñeiro de Panxón que a imaxianción de Domingo Villar fixo aparecer, morto, entre esas pedras, na súa novela "A praia dos afogados", posteriormente levada ao cinema. Seguimos o noso camiño pasando pola praia da Area Fofa ata chegar ao cantil de Monteferro fronte ás Illas Estelas. Alí, no petróglifo das Pinisas Pequenas falamos un pouco de prehistoria e das mellores imaxes gravadas en pedra do mundo: os petróglifos galegos.Para descansar un pouco da empinada subida fixemos unha pausa no miradorio das Pinisas Grandes, para , coa axuda de Mociña e Xosé Lois Vilar, falar dos nomes do mar de Baiona e Panxón no entorno de Monteferro e as Illas Estelas. Unha nova parada nas Baterías e nas Casas dos soldados antes de "atacar"as últimas pendentes que nos conducirían ao miradoriro e merendeiro de Monteferro, ao pé mesmo do Monumento aos Mártires do mar, onde nos recolleou o noso autobús para regresar a escola.Podedes ver o vídeo da nosa saída en Galería

O NOSO XARDÍN

Despois de moito esperar xa temos xardín!

Neste curso podemos contar con unha zona reformada no exterior do noso colexio: Un xardín de herba.

Este zona foi preparada polo noso concellos, para que sobre todo os nenos/as de Infantil poidan ter un lugar tranquilo para divertirse. Xa que estamos rodeados de Natureza continuemos!!
Podedes ver o bo traballo que fixeron nas seguintes fotos.