mércores, 17 de outubro de 2018

SAÍDA A PANXÓN E MONTEFERRO



O pasado martes 2 de outubro, continuando coa serie de saídas didácticas polo Val Miñor visitamos Panxón e Monteferro.O alumnado de terceiro a sexto desprazouse,acompañado do seu profesorado, ata o porto de Panxón onde se incorporaron ao grupo as nais e pais que nos acompañaron. Comezamos a "xeira"no areal de Panxón onde contextualizamos a actividade enlazando cos contidos das saídas do curso pasado. Falamos de paisaxe, de toponimia e da historia recente de Panxón como vila mariñeira. Achegámonos despois, seguindo a rúa Arco visigótico, ao conxunto monumental formado polo templo votivo e os restos da antiga parroquia de Panxón, de época xermánica. Logo dunha pequena charla informativa continuamos o paseo ata a praia da Madorra, onde nos detivemos un momento para falar do Panxón castrexo e do Panxón romano.Adentrámonnos en Monteferro falando do curioso aliñamento rochoso, que baixo os nosos pés, adéntrase en Monteferro hacia o norte e continúa hacia o sur atravesando o Castro, Monte Lourido e, seguindo pola Ladeira adéntrase na Serra da Groba....Falamos tamén do "Rubio" o malpocado mariñeiro de Panxón que a imaxianción de Domingo Villar fixo aparecer, morto, entre esas pedras, na súa novela "A praia dos afogados", posteriormente levada ao cinema. Seguimos o noso camiño pasando pola praia da Area Fofa ata chegar ao cantil de Monteferro fronte ás Illas Estelas. Alí, no petróglifo das Pinisas Pequenas falamos un pouco de prehistoria e das mellores imaxes gravadas en pedra do mundo: os petróglifos galegos.Para descansar un pouco da empinada subida fixemos unha pausa no miradorio das Pinisas Grandes, para , coa axuda de Mociña e Xosé Lois Vilar, falar dos nomes do mar de Baiona e Panxón no entorno de Monteferro e as Illas Estelas. Unha nova parada nas Baterías e nas Casas dos soldados antes de "atacar"as últimas pendentes que nos conducirían ao miradoriro e merendeiro de Monteferro, ao pé mesmo do Monumento aos Mártires do mar, onde nos recolleou o noso autobús para regresar a escola.Podedes ver o vídeo da nosa saída en Galería

Ningún comentario:

Publicar un comentario